Creo que eu tamén apúntome ó carro de que non vexo a telvisión, aínda que algunha vez coincida...e nesas veces, xeralmente, é ver unha película...aínda que para iso...case é mellor grabala no momento na que a emiten que podes ve-la máis completa...con pasar os anuncios..xa aforras de ver unha hora de anuncios...
Ó parecer, según teño entendido en España a publicidade está a infrinxir o tempo máximo que deixan durante unha hora..non me acordo moi ben...pero se, imaxinemos, a publicidade déixante poñela durante quince minutos nunha hora, en españa son trinta minutos nunha hora...con isto quero dicir...que a comunidade europea está en contra de tanta publicidade que hai en España e pretende reduci-la, ou ó menos foi o que eu entendín... Esperemos que sexa certo, porque comeza a ser máis a publicidade que a serie o que se pretende ver...
A verdade é que pensándoo ben, non me extraña que os meus compañeiros de clase sepan todos os anuncios de memoria...