Como aínda non tiñamos a ninguén rexistrado no foro non puxen a miña presentación, pero agora que parece que as cousas "marchan" pois..
Eu son Midori, basicamente quen abriu o conto este, podedesme atopar en 1º de bacharelato D (o poño por se alguén quere dicir algo, algunha suxerencia, duda, etc) e.. mm.. basicamente, as miñas afeccións concentranse na musica e na lectura en xeral, asi que a ver se lle damos un pouco de vida a eses apartados entre todos, estarei encantada

e.. non sei, iso, a ver se vos gusta o foro e o imos sacando adiante ^^
Unha aperta a todos!
_________________
~ "The image of a falling butterfly without wings" ~