En galego enténdese a xente

Foro para o ocio en galego.
 
Indice­FAQ­Buscar­Membros­Grupos de Usuarios­Rexistrarse­Login
Publicar novo tema   Responde-lo temaCompartir | 
 

 Boa nova para a lingua

Ver tema anterior Ver tema seguinte Ir abajo 
AutorMensaxe
Belén
Falante común


Cantidade de envíos: 2
Fecha de inscripción: 17.11.08

EnvíoAsunto: Boa nova para a lingua   Dom Dec 14, 2008 3:09 pm

Poño en galego unha noticia da Voz de Galiciado venres 12 do XII:
"O Consello de Europa reclamou onte ás autoridades españolas que garantan que os procedementos xudiciais civís, penais e administrativos que se leven a cabo en Galicia se desenvolvan integramente en galego se así o solicita unha das partes en litixio. Asemade pide que se adopten as medidas necesarias para que o persoal xudicial, especialmente xuíces e fiscais, dispoñan das competencias lingüísticas suficientes para empregar o galego como ferramenta de traballo nos xuízos e na redacción das sentenzas, autos e outros documentos xurídicos.
O Consello de Europa, do que fan parte 47 países e que tutela o Tribunal de Dereitos Humanos de Estrasburgo, non ten nada que ver coa Unión Europea,Pero del fan parte todos os países da UE xa que unha das condicións para pertencer ao clube comunitario é estar previamente asociado a el.
O Consello, que realizou informes moi críticos sobre materias como os voos secretos da CIA, elaborou un informe sobre o grao de cumprimento de cada Estado membro dos compromisos recollidos na Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias, que reflicte a situación deses idiomas, e da discriminación que padecen os que os teñen como lingua materna no ámbito educativo e na Administración pública.
No caso do galego, os expertos do Consello advirten de que os xuíces que desenvolven o seu labor nesta comunidade teñen "unha actitude negativa" cara á posibilidade de que os cidadáns empregen o galego nos xuízos. Asemade, o seu informe sostén que só dez xuíces e dez fiscais, dun total de 234, son capaces de empregalo como ferranenta de traballo. Segundo o Consello, ademáis, os xulgados que redactan as súas sentenzas e autos en galego "son casos illados".
"A solución, na práctica, é recorrer a tadutores é intérpretes, pero nunca a que o xuíz empregue ese idioma", sostén o Consello, que advirte nesa circunstancia unha evidente discriminación: os procedementos nos que un cidadán reclama ser atendido en galego son moito más longos é adoitan retrasarse máis . "Esa é unha das razóns pola que moitos avogados recomendan aos seus clientes que empreguen o castelán.
No ámbito educativo, o informe do Consello dá un sólido empurrón á rede de Galescolas posta en marcha pola Xunta, que non dubida en louvar. Tamén apoia a estratexia do Governo autónomo de poñer en marcha un sistema para que os alumnos estuden en galego polo menos o 50% das materias lectivas, co obxectivo de converter o galego " no primeiro idioma do sistema educativo de Galicia".
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario
 

Boa nova para a lingua

Ver tema anterior Ver tema seguinte Volver arriba 
Páxina 1 de 1

Permiso de este foro:Non pode responder a temas neste foro
En galego enténdese a xente :: Falemos de.. Actualidade :: Novas :: Novas.. en galego-
Publicar novo tema   Responde-lo tema