En galego enténdese a xente

Foro para o ocio en galego.
 
Indice­FAQ­Buscar­Membros­Grupos de Usuarios­Rexistrarse­Login
Compartir | 
 

 Principais regras que debemos seguir.

Ver tema anterior Ver tema seguinte Ir abajo 
AutorMensaxe
Midori
Admin


Cantidade de envíos: 51
Fecha de inscripción: 13.10.08
Edad: 17
Ubicación: A Coruña

EnvíoAsunto: Principais regras que debemos seguir.   Lun Out 13, 2008 10:14 pm

Coa finalidade de crear un espazo onde poidamos comunicarnos todos sen problemas, abro este asunto: é necesaria a colaboración de todo-los membros do foro para ter un bo ambiente onde sexa cómodo participar nas discusións. Por isto, farei unha listaxe de regras fundamentais, aínda que moitas xa as saberedes por sentido común tongue

- O uso do galego é fundamental neste espazo, xa que estaria ben que pouco a pouco poidesemos facer que a nosa lingua cobre certa importancia na rede internacional.

- Non abrir asuntos na categoría non corresopndente: o foro está dividido en categorías que, para que isto teña certa orden, deben seguirse. Se non é asi, o asunto en cuestion será movido ó seu lugar correspondente. A repetición deste acto nun mesmo usuario poderá producir o baneo do mesmo, é dicir, non poderá abrir mais asuntos ou contestar mensaxes.

- Non insultar os demais: queremos un ambiente de amizade para falar das nosas cousas cotiás, por iso queda totalmente prohibido insultar ou atacar a outros usuarios, con alto risco de baneo.

- As mensaxes de tipo "publicitario" (anunciando calquera outra web, por exemplo o teu fotolog) serán borradas: non está prohibido poñer links sempre que veñan ó caso (por exemplo, se alguén pregunta a túa direccion de fotolog, non sera borrada a túa mensaxe se lle contestas) a cuestion é non facer disto un sitio onde publicitarse se non un sitio onde falar con xente.

- Quedan prohibidas as mensaxes de tipo racista, sexista, homofóbico e demais.

- Procurade non facer disto un segundo msn, as conversas moi persoais son incomodas para o resto: usade mp ou o chat.

- Non hai un tamaño máximo nin minimo para as imaxes do avatar e da firma, pero iso non quere dicir que se poida poñer calquera cousa: sede lóxicos e non poñades imaxes xigantes. Se consideramos que aínda así a imaxe é moi grande avisaremos ó usuario para que poida cambialo.

- Escribide correctamente na medida do posible: ás veces é moi complicado ler o que escribides por esas novas "técnicas de escritura", canto mais claros sexamos, mellor. Recordade tamén que as maiúsculas serán consideradas como gritos e poden levar a malentendidos.

Por agora non teño mais que dicir, pero todo isto queda suxeito a posibilidade de cambio segundo vaian ocurrendo cousas no foro.

Agardo que o pasedes todos o mellor posible neste foro e que cheguemos a ter o noso espazo de conversa na web ^^


Última edición por Midori o Lun Nov 17, 2008 6:46 pm; editado 5 veces (Razón : Ortografía)
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario http://en-galego.foroactivo.net
 

Principais regras que debemos seguir.

Ver tema anterior Ver tema seguinte Volver arriba 
Páxina 1 de 1

Permiso de este foro:Non pode responder a temas neste foro
En galego enténdese a xente :: Para Comezar :: Normas-