Ok.
Fareino coa axuda da wikipedia, para asegurarme a
máxima precisión...A acción de Watchmen desenvólvese no ano 1985, no marco dunha ucronía* na que os Estados Unidos están a punto de entrar nunha guerra nuclear coa Unión Soviética. Neste escenario, relatase a historia dun grupo de superheroes do pasado e do presente e os feitos que rodean o misterioso asasinato dun deles. Watchmen presenta aos superheroes coma xente normal que debe enfrentarse aos seus propios conflictos éticos e problemas personais, que loitan contra os seus trastornos e fracasos e que, coa notable excepción do Doctor Manhattan, carecen por completo de superpoderes. A
deconstrucción** que a obra realiza do arquetipo convencional do superheroe, combinada co innovador uso de técnicas cinemáticas, de abundante simbolismo e da metaficción, exerceron unha importante influencia sobre cómics e películas posteriores.
*ucronía: Reconstrucción lógica de episodios históricos, dando por supuesto acontecimientos no sucedidos, pero que pudieron haber ocurrido. Procedimiento empleado en la novela histórica.
Ou sexa: Coller un punto da historia no que pudo haber sucedido algo diferente do que sucedeu e especular có que podería haber pasado se non pasara como pasou... (Definición do tío Nirei)
**deconstrucción: o tacho porque é unha palabra absurda relacionada coa crítica literaria... dificil de explicar, pero seguro que o entendedes polo contexto. Basicamente ven a dicir que non se trata do modelo de superheroe estereotípico.
_________________
