Ola, neste apartado xa debedes comezar a estar fartos dos meus comentarios que demostran que no fondo gústame leer.
E agora creo que xa é o tempo de comezar a falar de algo non considerado como "literatura culta"
Os comics....son os principais medios de lectura que temos xeralmente cando queremos comezar a ler, por exemplo, cando estamos comezando cun idioma cando poñen textos de lectura xeralmente non son o que se lles chama textos, se non, viñetas de cómic.
A parte de isto, eu non podo comentar moito acerca dos comics españois nin en fala galega, xa que non son dos que eu leo. Eu leo uns comics xapaneses considerados coma "mangas"
neste apartado quería preguntaros sobre que vos parecen os comics en xeral, cales son os vosos favoritos, se tamén vos gustan os mangas, etc.
Como poderedes comprobar a mi encantanme, son unha das miñas paixóns, aínda que na miña presentación non o puxera.
Os meus gustos para os mangas no meu caso, pois podo dicir que máis ou menos como cós libros, historias de amor ou de fantasía...tamén as de tipo policíacas que non puxen nos libros e demáis xéneros cós cales podería facer unha boa lista.
Espero que contestedes