"Abrín os ollos ante a sorpresa de que aquela muller chamárame. Xirei para poder ver as caras daqueles dous e vin que dilatábanselles os ollos do medo.
Comecei a abanzar cara a porta, pero de súpeto, unha forza impedíame avanzar. Suxeitabame do ombro e non permitía avanzar cara a porta. Ó comprobar que por moito empeño que lle puxera non era capaz de avanzar supuxo a miña rendición, deixei que aquela misteriosa forza botárame cara o meu lugar anterior, e, cando ela deuse conta comentou:
-Andrés, deixaa vir- que estraño, o meu irmán pretendendo "protexerme" do que aquela muller quixérame dicir.
Andrés botou un bufido e a regañadentes soltoume do ombro, permitindome outra vez avanzar.
Entrei naquel misterioso despacho.
O chan cruxía baixo os meus pés e as ventás temblaban por culpa do vento.
As paredes estaban cheas de estanterías que chegaban ata o teito e tamén, nun pequeno oco, había un pequeno percheiro que rebosaba de bolsos e abrigos. nunha esquina estaba o escritorio cheo de papeis, adornos, probablemente recordos de viaxes, e tamén, había un ordenador que, para a miña sorpresa funcionaba, xa que debía ter uns dezaoito anos.
A muller parou en seco diante de min, e, moi amablemente díxome:
-Por favor, ¿podrías pechar a porta?
-Cla-calro- tatexei
Retrocedín ata a porta e puiden ver antes de pechala as suplicantes caras de Andrés e Xaquín, como querendo que saira correndo con eles.
-Gracias-comentou- Gracias tamén por entraar, podes sentar nalgunha silla se preferes...creo que imos estar un bo rato...-e sorríume
-Ah! Gracias, por certo...¿que me quería contar?-miroume sorprendida ante tal pregunta
-A verdade é que nada...Tan só quería asusta-los, a ver se deixan de facer parvadas dunha vez...- ciomentou entre risas, pero ó mesmo tempo apenada- Se queres podes coller un libro, non os temos só de adorno, e así pasas o tempo, que voute secuestrar durante uns minutos.
-Da cordo, gracias...
-Ah! se che interea o libro podes leva-lo para a casa, coa condición de que veña de volta- e volveu rir, era unha risa encantadora, musical e moi femenina, sen duda debería ser hermosa e pretendida cando era máis moza...
Acerqueime á estantería máis cercana e comecei a mirar títulos. "El Quijote", "La guerra de los mundos", "crimen y castigo", todos eran clásicos...ata que atopei un distinto, non era coñecido e parecía interesante..."